
Innovagal 2025- Cep Altamira/IES Indalecio
O Cep Altamira xunto co IES Indalecio Perez Tizón presentan candidatura aos Premios Innovagal 2025, convocados pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Estes premios teñen como finalidade recoñecer e apoiar as boas prácticas en materia de innovación educativa desenvolvidas nos centros públicos de Galicia, fomentando a continuidade no tempo e a difusión de experiencias que melloran a calidade da educación.
Desde a súa creación no curso 2020-2021, os Premios Innovagal teñen contribuído a visibilizar proxectos que apostan por metodoloxías activas, nas que o alumnado é o verdadeiro protagonista da súa aprendizaxe. A través delas, promóvese o traballo en equipo, a creatividade, o pensamento crítico e a implicación coa contorna.
Unha mirada cara ao futuro
De cara ao curso 2025-2026, o noso obxectivo é dar un paso máis aló: analizar os materiais e experiencias elaboradas ata o momento, avaliar os avances conseguidos e identificar áreas de mellora. Queremos seguir construíndo propostas educativas que beneficien ao alumnado e impulsen a aprendizaxe continua do profesorado, favorecendo unha cultura de investigación e innovación sostida no tempo.
Contamos cun equipo docente implicado, motivado e con moita ilusión por seguir avanzando. Cremos firmemente que unha educación de calidade nace da reflexión compartida, da colaboración e do compromiso co cambio.
Unha traxectoria baseada na innovación e na colaboración
Levamos dende o ano 2017 participando de maneira continua en diferentes propostas e proxectos integrados no Plan Proxecta, un programa que nos permitiu avanzar de forma progresiva na mellora e adaptación da nosa práctica educativa.
A través destas iniciativas fomos consolidando unha cultura de innovación colaborativa, na que o profesorado se forma, experimenta e comparte resultados co obxectivo común de ofrecer ao alumnado unha educación máis significativa e actual.
O noso traballo baséase en tres piares fundamentais:
1. A formación e motivación do profesorado, entendidas como motor do cambio educativo.
2. A cooperación entre diferentes niveis e etapas, que fortalece a cohesión interna e a continuidade das aprendizaxes.
3. A colaboración con outros centros, entidades públicas e privadas, que amplía horizontes e favorece o intercambio de experiencias e recursos.
Toda esta traxectoria está recollida e visibilizada a través desta plataforma web propia, que serve como espazo de memoria da innovación. Nela recompilamos vídeos, imaxes, pequenas producións audiovisuais e materiais didácticos elaborados polo profesorado e polo alumnado. Este espazo dixital garante a continuidade do proxecto, facilita a comunicación coa comunidade educativa e reforza o sentimento de pertenza.
O plurilingüismo e a comunicación audiovisual
Un dos ámbitos nos que o noso proxecto está a profundizar é o plurilingüismo, apostando por metodoloxías que potencien a competencia comunicativa nas diferentes linguas a través da creación de contidos audiovisuais.
Curtametraxes, videos e relatos dixitais convertéronse en ferramentas moi eficaces para que o alumnado aprenda a expresarse con seguridade, traballe en equipo e empregue as linguas en contextos reais e significativos.
Este tipo de proxectos non só fortalecen as habilidades lingüísticas, senón que tamén fomentan a creatividade, a competencia dixital e o pensamento crítico, competencias esenciais para o desenvolvemento integral do alumnado.
Proposta de prototipo de innovación
A colaboración entre centros educativos é unha práctica que se está a consolidar como un dos eixos centrais da innovación.
Compartir proxectos e resultados permite que o alumnado e o profesorado aprendan uns dos outros, accedan a perspectivas diversas e desenvolvan novas formas de traballar.
Entre os principais beneficios desta cooperación destacan:
A aprendizaxe enriquecida, grazas á combinación de distintas experiencias e enfoques pedagóxicos.
A potenciación da creatividade e da innovación, a través do intercambio de ideas e metodoloxías.
O desenvolvemento de habilidades sociais e cidadás, como o traballo en equipo, a empatía e a responsabilidade compartida.
A optimización dos recursos e esforzos, evitando duplicidades e aproveitando o coñecemento especializado de cada centro.
A visibilización do labor educativo, mediante a publicación e difusión dos resultados en redes e espazos comúns.
O superpoder da constancia
🎥 Despois de tantas tomas falsas, descubrimos que o noso poder non é a perfección, senón a constancia.
Así pois presentamos🌟 Candidatura aos Premios Innovagal 2025 🌟
Ter este espazo de propostas axuda a facer visible que desde Galicia tamén se pode inspirar e medrar. Desexamos moita sorte a todas as candidaturas 🍀 e agradecemos o apoio de tantos que nos acompañaron, participaron e confiaron neste camiño iniciado.
Un camiño que compartimos
Propoñer esta candidatura é, en realidade, un recoñecemento colectivo: ao profesorado que investiga, crea e se forma; ao alumnado que se atreve a experimentar e aprender dun xeito diferente; e ás familias e entidades que nos acompañan e confían neste proxecto común.
Cada paso dado é froito do esforzo compartido e da convicción de que a educación pode —e debe— ser un motor de transformación social.
Por iso, presentamos esta candidatura con orgullo e gratitude, convencidos de que o noso traballo representa unha aposta firme por unha escola aberta, innovadora e humana, que mira cara ao futuro sen esquecer o valor das persoas que a fan posible cada día.
E porque a innovación ten a súa base no cotián, seguimos a coidar os detalles, a promover a convivencia e a crear un refuxio de motivación e ilusión, un espazo onde aprender sexa descubrirnos, compartir e crecer xuntos. Nun caos algo organizado, atopamos o que no equilibrio monótono nunca se sentiu. Por iso eleximos algún risco ben enfocado.
Mentres retomamos os sets arredor de xaneiro...
Veña, ahí vai... un ditado. Exclusivamente voluntario, se estás ben e de bo humor (que é o importante💖).
Sen os clásicos ditados, a historia queda coma unha peli sen banda sonora: non é un desastre, pero é un aburrimento total, seguro que este dato non o coñecías. Textos deses que aínda atopas unha palabra nas que dubidas pero ao final sae todo ben, como era de esperar! Se queres ditas ti 😮(innovación) e copian as profes (sen trampas-só en catro idiomas). Xa non se poñen nerviosas📜 e unha palabra difícil non asusta, son retos! Que che parece? Unha aperta grandísima.
